A Federación Galega de Taekwondo ofrece unha liña de axudas para deportistas e técnicos para o Stage de Alto Nivel que se celebrará en xaneiro en Riveira dirixido por Dragan Jovic, que foi elixido mellor adestrador do Mundo en 2018.

A Federación subvencionará parte do custe deste curso, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de xaneiro de 2020 en Riveira, organizado polo Natural Sport Riveira. É a segunda vez que este afamado adestrador traballa en colaboración con este club galego e coa nosa federación. En xaneiro deste ano xa tivemos a posibilidade de aprender dun técnico desta categoría e foi unha gran experiencia para todas e todos os asistentes.

Desta forma, a Federación Galega abrirá unha bolsa de axudas para deportistas da selección galega (a partir da categoría cadete) e técnicos de clubs galegos con licenza galega, para que poidan participar neste curso a un prezo moi reducido. Ademais, a organización está tentando conseguir o albergue municipal para que poidan durmir alí de forma gratuíta. A reserva, que se realizará a través da web da Federación Galega, realizarase por rigoroso orde de inscrición. Prazas limitadas!

Print Friendly, PDF & Email