E non remataron os éxitos do taekwondo galego no Open de Polonia. Na categoría júnior Adrián Davila (-45, Kae Sport) acadou a medalla de ouro despois de vencer en tres combates.
Adrián, que viaxaba co seu club, comezou a competición ante o polaco Pawel Chirzanowski xa nos cuartos de final, ao librar a primeira eliminatoria por ser o cabeza de serie número 1. O galego venceu con contundencia en dous asaltos e deu o paso ás semifinais, nas que se enfrontarían ao americano Keegun Zarefsky, un opoñente de moita envergadura e calidade. O combate foise aos tres asaltos, con vitoria para o noso deportista no primeiro e no terceiro e decisivo `round´.
Na final o rival era Fayez Hanafi, de Estonia, pero unha vez máis Adrián non deu opción e logrou a vitoria en dous asaltos e con diferenza de 12 puntos. Así, ouro para o vigués e puntos importantes para o ránking europeo.
Noraboa Adrián!