Imos contarvos como foi a actuación de Raquel Guillén (Tao), Tomás Fernández Herrerín (Tao) e Alex Losada (Neka) na Universiada que se está a celebrar en Chengdu (China). En resumo, gran traballo dos nosos deportistas que lograron meterse nas finais a pesar da dificultade engadida de que na final tiñan que realizar un freestyle, algo que non se realiza en ningunha proba e que, por tanto, non preparan as e os taekwondistas de técnica.
Desta forma, Raquel Guillén logrou meterse en todas as finais das probas nas que participou (individual, parella e trío). En individual foi oitava clasificada, prexudicada por ese free que tiña que realizar, cando é algo que nunca fixo.
Na proba de parellas, na que participou xunto ao seu compañeiro de club, Tomás Fernández, lograron unha magnífica sexta posición, sendo a única parella europea que logrou meterse na final. En trío feminino, Raquel tamén entrou na final, para rematar na oitava posición.
Pola súa banda, Tomás non logrou clasificarse para a final individual masculina, pero si que o fixo en parellas (con Raquel) e en trío masculino, xunto ao outro galego Alex Losada (Neka) e o catalán Christian Villar. Lograron a oitava posición sendo os únicos europeos da final tras os equipos asiáticos e Estados Unidos.
Noraboa a tod@s!!!