Autor: comunicacion

Vinte galegos no stage de verán da Federación Española

Vinte galegos (19 deportistas e un técnico) están a participar no stage de verán de combate da Real Federación Española de Taekwondo, que se celebra en Murcia do 19 ao 25 de agosto, co obxectivo de preparar os próximos eventos internacionais. A magnífica participación galega amosa o alto nivel do noso taekwondo, que contará con varios representantes nos próximos mundiais e europeos das diferentes categorías. Así, na concentración que se está a desenvolver no Centro de Tecnificación Deportiva Infanta Cristina de Murcia contamos con Pablo Carou como técnico, Miguel Aneiros (que participará co equipo español no Mundial Militar) e...

Ler Máis

Balance da tempada do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

No remate da tempada toca facer balance e os técnicos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva non poden estar máis satisfeitos. Jesús Benito, como responsable da sección de taekwondo, felicita aos deportistas que “adestran con nós por todo o esforzo e adicación que amosan en cada adestramento e polos bos resultados que están a obter”. O corpo técnico, formado por Jesús Benito e Belén Asensio, tamén quixo agradecer á dirección do Centro, dependente da Xunta de Galicia, “polo apoio que nos proporciona e á Federación Galega, os clubs e os seus técnicos, que nos apoian  e confían no noso...

Ler Máis

INFORMACIÓN CAMPAMENTO DE VERÁN SOÑO OLÍMPICO -11

O luns 15 de xullo comeza o Campamento Soño Olímpico 11, que se desenvolverá do 15 ao 21 deste mes en Riveira. Como todos os anos contarán con destacados deportistas e técnicos para acompañar aos participantes durante esta semana máxica. Nos documentos adxuntos tedes toda a información sobre o campamento. CAMPAMENTO DE VERANO SO iniciacion CAMPAMENTO DE VERANO SO.11 perfec SO11 AUTORIZACIONES Y NECESIDADES (1)...

Ler Máis

Galicia, primeira por equipos no Campionato de España sub 21

Galicia impúxose na xeral do Campionato de España sub 21 ao lograr o primeiro posto na categoría feminina e o terceiro, na masculina, o que lle outorgou o primeiro lugar na xeral por equipo do Campionato de España sub 21. Este torneo era decisivo para os participantes, xa que pechaba a clasificación para o Europeo sub 21 de Suecia, que se celebrará a comezos de setembro. Na categoría feminina, espectaculares resultados das nosas deportistas. Alma Pérez (-53, Suh Sport) segue con esa magnífica traxectoria e revalidou o título de campioa de España ras gañar catro combates. Pero ademais, Tania...

Ler Máis

Galicia vence na xeral do Campionato de España Júnior

Galicia logrou onte en Valladolid o título de campioa de España Júnior por equipos!!! A selección galega foi a primeira clasificada tanto na xeral como na categoría feminina, mentres que na masculina ocupou a terceira posición. Moitas medallas para os nosos deportistas nesta primeira xornada do campionato de España que se disputou en Valladolid. En júnior magníficos resultados para as e os nosos deportistas. Na categoría feminina chegou o título por equipos grazas aos 4 ouros e o bronce conseguidos. Proclamáronse campioas de España, Ainhoa García (-63, Couto), Irene Montemuiño (-55, Natural Sport), María Ferreiro (-44, Couto) e Desiree...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

Secretaría Xeral para o Deporte

XOGADE

banner xogamos

DGAN

banner_dgan

Plan Corresponsables

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. CPTO. ESPAÑA UNIVERSITARIO -TOLEDO

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  2. CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE E CURSO DE RECICLAXE-PONTEVEDRA

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CPTO. ESPAÑA JUNIOR-

    25 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  4. CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR- EXHIBICIÓN /COMBATE- LUGO /OURENSE

    1 Xuño / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  5. CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR- EXHIBICIÓN /COMBATE- LUGO /OURENSE

    2 Xuño / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

UFEDEGA

RibéSalat Contrata o teu seguro