Cinco galegos (Manuel Parada, Sara Cortegoso, Tania Castiñeira, Iván García e Alex Vidal) foron convocados pola Real Federación Española de Taekwondo para participar nunha concentración en Murcia que se celebrará do 28 de setembro ao 7 de outubro.
Para a concentración do equipo nacional sénior foron convocados Manuel Parada, Tania Castiñeira, Sara Cortegoso e Iván García, mentres que Alex Vidal, formará parte do equipo nacional paralímpico. Estará será a segunda actividade que se realiza a nivel de seleccións dende o confinamento. Alex estivo concentrado na segunda quincena de xullo, mentres que Tania e Sara participaron no stage do equipo nacional sénior que se celebrou a comezos de agosto.
Coma sempre, a esforzarse ao máximo, rapaces!!