Dani Abeijón (-148 cm, Natural Sport Ribeira) superou unha rolda e quedou eliminado nos oitavos de final do Campionato de Europa Cadete, que se está a disputar estes días en Belgrado.

 

O deportista galego, no seu primeiro ano de cadete, venceu na primeira eliminatoria a Petro Kouroumunov (Chipre). Dani foi moi superior, puntuou con facilidade e logrou impoñerse en dous asaltos. Nos oitavos de final esperaba un duro rival, o turco Nuri Osman Ersan, actual número tres do ranking. Neste combate, a pesar da ilusión e as gañas do noso deportista, notouse que o turco tiña máis experiencia, o que lle permitiu gañar e seguir adiante no Europeo.

 

Fantástico traballo de Dani Abeijón que ten unha enorme proxección e que deu a cara en todo momento neste Europeo, a pesar de ser o seu primeiro ano nesta categoría e enfrontarse a deportistas maiores.

 

Noraboa Dani!

Print Friendly, PDF & Email