Esta fin de semana celebraranse as fases provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra do taekwondo escolar nas modalidades de técnica e freestyle na que participarán 521 deportistas das categorías benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.
A fase provincial da Coruña celebrarase o sábado 16 de marzo (10:00 horas) no Pavillón Municipal de Milladoiro (Ames), organizado polo club TK Denodo, coa participación de 180 deportistas. A proba de Lugo tamén se disputará o sábado, no Pavillón Municipal de Taboada a partir das 10:00 horas coa participación de 84 taekwondistas. Este torneo será organizado polo Neka.
A última fase provincial en celebrarse esta fin de semana será a de Pontevedra, que terá lugar o domingo 17 de marzo no Complexo Deportivo O Pombal de Cambados (antes figuraba Vilagarcía por erro) (a partir das 09:30 horas). Será a proba de maior participación con 257 taekwondistas inscritos.
A fase provincial de Ourense, organizada polo Couto, disputarase o sábado 23 de marzo no Pavillón de Os Remedios (Ourense) con 46 deportistas inscritos.
A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo.