Esta fin de semana (13 e 14 de abril) celebrarase en Vila-Real (Castellón) o Open de España cunha numerosa expedición galega. No Open haberá unha participación de máis de 1.100 deportistas en todas as categorías, 70 árbitros e máis de 25 países. A expedición galega partiu o xoves pola noite en dirección a Vila-Real e xa se atopa descansando, despois dunha longa viaxe.
O sábado disputarase a competición nas categorías cadete e júnior, mentres que o domingo celebrarase a sénior (G-1).
Moita sorte a todos os nosos deportistas!!!!