A selección galega cadete participará o sábado 23 de marzo no XIX Open Internacional de Taekwondo Ciudad de la Cerámica, que se celebrará na localidade de L’Alcora (Castellón).

Este open, das modalidades de combate e técnica, reunirá a preto de mil participantes de toda España. A Federación Galega desprazará unha selección formada por 31 deportistas das categorías cadete. É un equipo completamente renovado que tivo a súa primeira concentración hai un par de semanas.

 No seguinte enlace tedes a convocatoria que se desprazará a Castellón.

https://www.taekwondogalego.es/ciudad-ceramica-23-03-19/

 

Print Friendly, PDF & Email