O taekwondo galego está de loito polo falecemento, esta madrugada, da nosa compañeira e amiga Teresa Lima Sánchez que para nós sempre será “Tere”, esposa de Miguel Cortegoso e nai de Sara e Ángela, unha familia vinculada ó taekwondo coa que compartimos moitas experiencias e momentos inolvidables. Os campionatos galegos non volverán a ser o mesmo sen a súa presencia, sen a súa voz e sen a súa impecable colaboración no desenrolo dos mesmos sempre dende o seu lugar, a mesa central.
A Federación Galega de Taekwondo quere sumarse a dor de Miguel, Sara, Ángela e demáis familia e amigos e acompañalos nestes complicados e duros momentos.