Esta fin de semana celebrouse o Open de Croacia de técnica e freestyle con presenza galega e varias medallas para as e os nosos deportistas. A este torneo viaxaron os clubs Neka Monforte, Tao e Hebe, como preparación do Campionato de Europa do mes de novembro.

 

O Tao viaxou con Celia García e Tomás Fernández e ambos acadaron tres medallas. Celia foi ouro en freestyle e bronce en técnica, mentres que Tomás Fernández acadou a medalla de bronce en freestyle.

 

O Hebe logrou dúas medallas en técnica e catro en freestyle. Alex Losada conseguiu o bronce en sénior 1, mentres que a parella formada por Bárbara DiMartino e Alex Losada tamén sumou un bronce.

 

En freestyle as medallas foron para Iago Gil (prata, en freestyle -17), Antón Sabín (bronce, en freestyle -17), Ángela Paz (bronce, en freestyle -17), Iria Rodríguez (bronce, en freestyle, +18).

 

Polo Neka viaxaron Laura Álvarez, Marco García, Dani Areán, Carlos Rey, e Alex Losada Rodríguez e sumaron un total de cinco medallas.

 

Marco García acadou o ouro en técnica na categoría júnior, mentres que Laura Álvarez foi prata e Marco e Laura conseguiron o ouro na modalidade de parellas júnior,

 

En sénior, hai que destacar o bronce en técnica de Alex Losada Rodríguez (igual que o Alex Losada do Hebe), e o ouro do trío 1 de Alex Losada, Dani Areán e Carlos Rey.

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email