Os taekwondistas galegos Tania Castiñeira (+73, Hebe), Iván García (+87, Mat´s), Alma Pérez (-53, Suh Sport) e Sergio Troitiño (-87, Mat´s) disputarán o Europeo Sénior, que se celebrará en Belgrado (Serbia) do 6 ao 13 de maio.
A Federación Española de Taekwondo deu a coñecer hoxe a convocatoria para Europeo, en base ao ranking nacional, que se pechou coa disputa do Open de España. No caso de Alma Pérez esta última proba foi decisiva, xa que chegaba a esta cita moi igualada con Elsa Hernández, pero no Open de España Alma logrou unha medalla que lle permitiu sumar máis puntos que Elsa e clasificarse para o Europeo. Os otros tres deportistas galegos xa tiña a clasificación no bolsillo antes da proba de La Nucía.
Noraboa a tod@s!!