Durante a celebración do Campionato Galego Infantil de Técnica, Exhibición e Freestyle en Sada, a Federación Galega de Taekwondo uniuse á campaña de apoio ao leite galego, promovida pola Consellería de Medio Rural.
Desta forma, as e os nosos deportistas tiveron na zona de quencemento cartóns de leite para o seu consumo e repetiremos experiencia o vindeiro sábado no Campionato Galego da categoría cadete. Leite e galego, combinación perfecta!
#TaekwondoGalego #LeiteGalego