A selección galega de parataekwondo de técnica participou esta fin de semana no Encontro No Limit, que se celebrou en Málaga organizado pola Federación Andaluza de Taekwondo. En total participaron uns 30 deportistas de Madrid, Andalucía e Galicia, nunhas xornadas moi enriquecedoras tanto para deportistas como técnicos/as.

 

Galicia acudiu coa selección de poomsae formada por Paula Treus (Suh Sport), Francisco Rodríguez Noya (Suh Sport), Luis Alberto Castro (Hans Horang I), Javier Fernández Allo (Suh Sport), que foron acompañados por Noelia Pérez, responsable do departamento de técnica da Federación Galega, e Natalia Vázquez, técnica axudante neste encontro.

 

Durante a fin de semana, as e os deportistas tiveron tempo para adestrar e para o ocio. Chegaron a Málaga o venres e o sábado houbo dobre sesión de traballo e o domingo, unha sesión, polo que puideron desfrutar da piscina, de xogos, paseos e moita convivencia, nunhas xornadas que non van esquecer.

Print Friendly, PDF & Email