VII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “CAMIÑO AO RESPECTO” (DOMINGO 24 DE NOVEMBRO ÁS 11:00 HORAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA), co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. É moi importante a presenza de todo o deporte galego neste evento para consolidar a campaña do NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO, iniciada no pasado mes de marzo.  
Invitación aos clubs, deportistas, xuíces-árbitros/as e directivos/as, para que poidan participar na Andaina. 
Achégase como anexo a invitación así como o plano do espazo do Monte do Gozo desde onde sairá a andaina. 
Para participar é necesario que cubrades o formulario deste enlace http://www.andainaigualdadexunta.gal
Print Friendly, PDF & Email