COMUNICADO
Santiago de Compostela, a 07 de novembro de 2020.
A raíz das diferentes opinións e declaracións por parte de varios responsables locais que están a
xurdir no referente ao deporte federado, dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas
comunicamos:
– O noso total apoio a todos os sectores que desgraciadamente están sendo vítimas da
crise e restricións provocadas por esta pandemia, en especial á hostalería que tantos éxitos
e momentos pasou e de seguro que pronto volverá a pasar ao noso carón: compañeiros/as,
estamos con vós. O deporte galego federado, estivo oito meses inmerso nunha situación
similar á que desgraciadamente vos toca vivir agora, e moitos dos nosos que non son
federados aínda están a aguantar estoicamente, con ilusión, con escasos recursos, sen
apenas axuda e con grandes trabas moitas veces incoherentes e inxustificadas.
– O deporte galego, estivo oito meses na UCI, e aínda nos atopamos en observación á
espera dun remedio que nos axude a non retroceder na nosa evolución; oito meses de
duro traballo para estudar, contrastar, concluír e adoptar medidas que nos garantan
minimizar os riscos ante un inimigo que non entende de sectores, de ámbitos e moito menos
de cores políticas. Non imos mentir, tivemos momentos de soidade, momentos nos que para
moitos de nós o ERTE ou a vídeo-consola non eran unha posibilidade, pensamos que todos
aqueles que gozaban con nós e promulgaban os beneficios e os valores do deporte cando
todo ía ben, xa non se lembraban da importancia do noso sector. O deporte non tira a
toalla, acadamos dar un paso máis e con moitas trabas, recuperar a nosa actividade,
algúns antes, outros despois, e moitos aínda seguen a intentalo, pero todos coa
ilusión de seguir dando un servicio esencial á sociedade, un servizo do que tanto temos
presumido e co que tantas fotos temos sacado. Somos parte da solución á
irresponsabilidade social, á prevención e ao control na propagación deste virus, pero
estásenos a resistir a incongruencia política e a demagoxia que utiliza o pánico coma
principal pilar para fomentar dun xeito pouco sutil unhas siglas políticas.
– Compañeiros/as de outros sectores, que ninguén trate de enfrontarnos para distraer a
atención sobre a pasividade na adopción de medidas e inversión para facer fronte a esta
crise; que ninguén trate de politizar as nosas actividades cando entre todos lle estamos
a garantir unha comodidade e benestar social que desgraciadamente non vai acorde ao
peche e loita dos vosos negocios e das nosas actividades; que non traten de convencernos
de que a solución é parar e non adaptarse, que non nos veñan con contos porque nós
cremos na seguridade da hostalaría, na seguridade dos transportes, na seguridade das
escolas, na seguridade de toda aquela actividade que non escatime en tempo e traballo para
frear esta pandemia e sacar á sociedade adiante. O deporte galego é deporte seguro, e
os traballadores/as galegos non escatiman en esforzos, que aos que lles toca,
tampouco o fagan en medios de prevención.
– Si a situación social, económica e sanitaria xa é preocupante de por si, sumásenos a crise
política, nesta situación límite, en moitos casos, as nosas carencias están a relucir máis ca
nunca. Pedimos a estes estamentos que se convertan no exemplo a seguir, e sexan
os principais promotores de que as medidas se cumpran, non queremos que sexan eles
mesmos os primeiros en poñelas en dúbida. Pedimos tamén que non se adoiten medidas
más restritivas sen un criterio científico nin sanitario, tan só baixo unha posición de medo e
pasividade; por certo, o medo e o pánico transmítense, fraco favor facemos intentando
camuflalo coma unha medida de protección…; máis concienciación, máis información, máis
diálogo e menos alarmismo.
– As medidas son claras, podemos optar por confiar ou que cada quen siga a facer a guerra
pola súa conta; pero xa temos demostrado que así os resultados son canto menos
cuestionables. Animamos á sociedade a respectar as medidas indicadas polas
autoridades sanitarias, entre outras cousas porque somos unha das comunidades mellor
situadas ante esta ameaza, ó importante é que sabemos que hai moito que mellorar e
estamos dispostos a facelo, non queremos protagonistas innecesarios nin debates
mediáticos, vamos a apoiarnos e a sumar entre todos/as para que os nosos compañeiros/as
en cuestión de días poidan empurrar e remar con nós, porque queremos ir a tomar a
consumición ou encargar os bocadillos ao bar de sempre, porque queremos desprazarnos
nos bus e poder mercar as nosas camisolas novas para xogar, porque cremos no que
facemos.
Non sería xusto rematar este comunicado sen recordar que o deporte:
– É unha actividade que forma parte do sector económico, crea un gran número de postos
de traballo directos e indirectos.
– É unha actividade que complementa a formación académica e familiar que reciben os
nosos pequenos/as.
– É unha actividade que promove valores esenciais para a nosa sociedade.
– É unha actividade controlada e baixo a tutela de protocolos contrastados e aprobados
polas esixentes autoridades sanitarias.
– É unha actividade que ademais de fortalecer o noso sistema inmunolóxico e
psicolóxico, serve coma medio de evasión para desconectar das desgrazas que tristemente
nos está a tocar presenciar.
– É unha actividade esencial para evitar o sedentarismo e as enfermidades derivadas do
mesmo.
– E o máis importante, NON É POLÍTICA.
Ánimo compañeiros/as, xuntos sairemos desta.
O deporte galego non regatea en esforzos, solicitamos que ninguén o faga en medidas.
#DeporteSeguro #SomosSolución #Fortecodeporte