Non nos poden chegar mellores novas desde Riyadh (Arabia Saudí)!!! Volvemos a casa con medalla de bronce por actuación!!! O primeiro galardón en caer foi o da parella de freestyle. Os nosos deportistas  Manu Paz e Bárbara Di Martino acadaron o bronce na final de parellas de freestyle dos World Combat Games que se están a disputar estes días!

 

Os nosos competidores fixeron un programa espectacular, cheo de saltos imposibles e cun ritmo incrible. Así, lograron o bronce, sendo a única parella europea que logrou subir ao podio. Ese mesmo día, houbo as semifinais individuais e os nosos deportistas Manu Paz e Celia García lograron o pase á final coa terceira mellor puntuación. Así, as previsións eran boas e tanto Manu como Celia non fixeron senón mellorar o xa visto e confirmar ese bronce. Na final renderon a un nivel excepcional, “as finais as bordaron, sendo os únicos europeos no podio, e este campionato está sendo unha magnífica proba para o Europeo de técnica”, explicounos a directora de técnica da Federación Galega de Taekwondo, Noelia Pérez.

 

Estas medallas teñen moito mérito, xa que esta competición reúne ás e os mellores competidores do mundo e so se pode acudir por invitación da Federación Mundial. Desta forma, os nosos taekwondistas representaron a España grazas aos resultados acadados o pasado ano no  Mundial de Corea.

Print Friendly, PDF & Email