VER EN DIRECTO 

Monforte de Lemos acollerá o sábado 4 de maio por vez primeira un Campionato de España. Será o das modalidades de Técnica e Freestyle, que reunirá a case 400 participantes de todas as comunidades autónomas. En xogo está a clasificación para o Mundial, que se celebrará no mes de decembro en Hong Kong.

 

A competición comezará ás 9:00 horas no Pavillón da Pinguela coa celebración da modalidade de técnica. As e os deportistas realizarán os seus poomsaes sobre os seis tapices dispostos no recinto deportivo.  No Campionato de España de Monforte disputarase a competición nas categorías cadete, júnior, sénior (1 e 2) e máster (1,2,3 e 4).

 

Pola tarde, a partir das 15:00 horas, será o momento do freestyle, modalidade na que se combina os movementos, con saltos espectaculares e ao son da música.

 

Selección galega

 

Galicia é unha gran potencia en técnica e freestyle tal e como amosan os seus resultados tanto nas competicións nacionais como nas internacionais. Desta forma, acoden a este Campionato de España coa intención de acadar o maior número posible de clasificacións para o Mundial de Hong Kong. No Mundial do ano 22 Galicia contou cun total de 28 taekwondistas.

 

Así a máxima responsable do departamento de Técnica da Federación Galega, Noelia Pérez, explicou que “o obxectivo é lograr a título de Campións de España na clasificación xeral por equipos en ambas modalidades e repetir os resultados do pasado ano”.

 

A continuación, tedes a ligazón coa convocatoria da selección galega de técnica e freestyle.

 

https://www.taekwondogalego.es/seleccion-galega-cpto-espana-tecnica-e-free-monforte-04-05-24/

 

 

 

 

 

Print Friendly, PDF & Email