Esta fin de semana celebrouse en Pontevedra o Campionato de España de Exhibición nas categorías adulto, infantil e cadete con podios totalmente galegos.

É a exhibición unha modalidade absolutamente dominada polo taekwondo galego e proba diso é a clasificación do Campionato de España. Na categoría adulto proclamouse campión de España o Yidam; sendo segundo o equipo do Couto e terceiro o Mace Sport.

 

Na categoría infantil acudían representando a Galicia o Tao e o Sada e a clasificación quedou da seguinte forma:

1º – Sada

2º – Tao

3º – Sares

 

Por último, na categoría cadete (representaban á FGT o Tao e o Sada)  o podio quedou así:

1º – Tao

2º – Sada

3º – Yidam

 

A continuación, tedes a ligazón coa galería de fotos da Federación Española de Taekwondo

Galería

 

Noraboa a todos os medallistas!!!

 

Print Friendly, PDF & Email