Galicia tamén acadou magníficos resultados nas categorías júnior e cadete do Open de Bélxica, que se celebrou esta fin de semana con máis de 2.000 participantes. A Federación Galega desprazou a un equipo júnior formado por Noa Romero, Tomasa Franco, Elisa Fernández, Carla Sesar, Ekaterina Rebón, Alba Rey, Adrián Davila e Víctor Videla, e ademais varios deportistas viaxaron cos seus clubs. Así, en júnior Adrián Davila (Kae Sport) logrou a medalla de ouro, mientres que Ekaterina Rebón (Nº Phi) foi prata. Na categoría cadete, Antón Quintero (Kwon), que viaxaba co seu club, acadou un bronce.
Adrián Davila (-45, Kae Sport) sigue nesta racha de fantásticos resultados nas citas internacionais. Librou o primeiro combate e arrincou a competición nos oitavos de final ante o alemán Balyemez, ao que venceu en dous asaltos por diferencia de 12. En cuartos o rival foi o francés Nelson e novamente Adri solucionou en dous asaltos, aínda que nesta ocasión foron un pouco máis axustados.
Na semifinal tocaría o polaco Sokolowso, que a priori parecía un contrincante moi forte. Sen dúbida, foi un combate duro, que se decidiu en tres asaltos, e o galego tirou de experiencia para pechar unha vitoria cun gran espectáculo.
E así se plantou na final, onde esperaba o francés Andreas Leppape, o cal na primeira rolda eliminara ao galego Víctor Videla. Ambos deportistas xa se coñecen moi ben, polo que se esperaba un combate tenso, pero Adrián volveu sorprender a todos e logrou o ouro en dous asaltos. Con este resultado, Davila ponse como número 1 do ránking europeo e do ránking nacional, nun dos tres campionatos que clasifican para o mundial júnior de Korea.
Pola súa banda, Ekaterina Rebón (-63, Nº Phi) acadou a medalla de prata neste importante Open, despois de case un ano parada por culpa dunha lesión. A deportista caldense impúxose en catro combates e só sucumbiu na final fronte á representante Italiana.
A taekwondista eliminou en primeira rolda a Lennie Mangen (Luxemburgo) en dous claros rounds e posteriormente deixou atrás a Lozowska e Hoffmanne, ambas de Polonia, e a ambas en dous asaltos, sen darlles opción ao desempate. E así se plantou na semifinal onde esperaba a taekwondista de Francia Fátima Mendy. Esta foi a loita máis axustada, aínda que Rebón soubo resolver en tres asaltos para meterse na final. Aquí a rival era Anthea Mangione (Italia) e novamente a galega fixo un gran traballo, pero non puido impoñerse á italiana nun combate de tres rounds, que se decidiu nos últimos segundos.
O resto dos integrantes do combinado galego júnior fixeron un bo papel e sumaron un pouco máis de experiencia, un aspecto fundamental para competir de forma internacional.
E por último, destacar o bronce de Antón Quintero (+ 65, Kwon) na categoría cadete, que viaxaba co seu club. O deportista galego caeu na semifinal ante o alemán Vincent Koch, en dous asaltos.