Era un secreto a voces que estábamos desexando poder contar! A xuíza galega internacional María Bautista foi elixida como membro do equipo arbitral que dirixirá a modalidade de taekwondo nos Xogos Paralímpicos de Tokyo!

 

Foron dous anos intensos de preparación de María, aos que chegou en pleno proceso de recuperación dunha grave lesión de nocello que sufriu en 2018. Pese a todo, coa ilusión por bandeira, a nosa árbitra acudiu as cursos de preparación, foi superando etapas ata que hai uns días recibiu a confirmación de que sería unha das 30 persoas elixidas como xuíces para a modalidade de taekwondo nos Xogos Paralímpicos. Sen dúbida un pasiño máis na longa carreira de María Bautista.

 

Así, nos Xogos Paralímpicos de Tokyo contaremos con Alex Vidal como deportista e con María Bautista como xuíza, unha magnífica representación do taekwondo galego!! Moita sorte!!!

Print Friendly, PDF & Email