E seguimos coas boas novas que nos chegan do Europeo Júnior de Tallín. Hoxe dúas medallas galegas! Mateo Boudjenane (-68, Boudsport) logrou a medalla de prata, mentres que Helena García (+68, Dobok) acadou o bronce. Así se pechou a competición dos taekwondistas galegos cun total de tres medallas (unha prata e dous bronces).

 

Mateo Boudjenane (-68, Boudsport) fixo un papel excepcional. Arrincou en oitavos de final ante Tomas Neshyba (República Checa) e o galego foi moi superior e venceu con gran diferenza de puntos en dous asaltos. Nos cuartos enfrontouse a Ognjen Komatina (Montenegro) e novamente, Mateo logrou dominar o combate e vencer de forma clara en só dous `round´.

 

Xa coa medalla asegurada, chegou a semifinal ante o representante francés Miguel Moncef. Foi un combate duro e esixente que se decidiu en dous asaltos, pero nos instantes finais de cada un deles. Fantástico triunfo de Mateo! E así chegou á gran final na que tiña como rival ao serbio Zarko Krajisnik, número 1 do ranking. Mateo comezou mandando e logrando a vitoria no primeiro `tempo´, pero Zarko reaccionou e logrou vencer nos outros dous asaltos e lograr así a medalla de ouro. Enorme a actuación do noso deportistas no Europeo con esa medalla de prata!

 

Pola súa banda, Helena García tamén logrou subir ao podio do Europeo en Tallín.  Nos cuartos de final enfrontouse á francesa Emna Hamadache e a galega venceu nun combate moi pechado que se decidiu polos puños. 2-0 para Helena.

 

Na semifinal Sara Pidro (Bosnia) freou á nosa deportista, nunha loita moi dura, na que a galega non se rendeu nunca e intentouno ata o final. Bronce para Helena!!

 

Noraboa aos dous deportistas e a Javi Otero, que logrou un bronce o xoves! #Orgullososdosnosos #Orgullosasdasnosas

Print Friendly, PDF & Email