A taekwondista galega Sara Cortegoso (-46, Mace Sport) caeu derrotada na segunda rolda do Mundial Absoluto, que se está a disputar estes días en Bakú. A galega asegurou ao remate da súa competición que está moi contenta “coa experiencia vivida e con moitas ganas de seguir medrando deportivamente”.

 

Sara chegaba a esta cita mundialista con moita ilusión e ganas de dar a sorpresa. En primeira rolda enfrontouse a palestina Maiar Qabaha e Cortegoso venceu en dous asaltos: “Estiven moi acertada, forte e centrada e así logrei a vitoria”, explicounos. En segunda rolda esperaba Rita Bakisheva (Casaquistán), unha dura rival con experiencia internacional. A pesar de que Sara saíu moi ben, a kazaka anular as accións en ataque da galega e puntuar á contra, para imporse en dous asaltos.

 

A participación galega no Campionato do Mundo Absoluto péchase o domingo con Iván García (+87, Mat´s) e Alma Pérez (-53, Suh Sport) que tratarán de dar o mellor de si no tapiz.

 

Seguimos equipo!!! #Orgullosasdasnosas #Orgullososdosnosos

Print Friendly, PDF & Email