Autor: comunicacion

ARLET ORTIZ, PRATA E IVÁN GARCÍA, BRONCE NO OPEN DE ALBANIA

Arlet Ortiz (-53, Mat´s) e Iván García (+87, Mat`s) participaron esta fin de semana no Open de Albania, categoría G-1, e lograron subir ao podio: Arlet foi prata e Iván, bronce.   Arlet, que nesta ocasión participou en -53 quilogramos, fixo un total de catro combates. En primeira rolda superou de forma clara (11-1) a Lea Hoglinger (Austria) e avanzou así aos cuartos de final, onde tivo como contrincante a alemá Madelaine Ger Folgmann. Novamente, a nosa deportista gañou con solvencia e logrou meterse nos cuartos de final, onde esperaba Ela Aydin (Alemaña). Nova vitoria da galega que non...

Ler Máis

GALICIA, SUBCAMPIOA DE ESPAÑA JÚNIOR NA XERAL E NA CATEGORÍA FEMININA

Galicia logrou a segunda posición na clasificación xeral por equipos, e na categoría feminina, do Campionato de España Júnior, que se disputou o sábado en Cartagena (Murcia). En total houbo tres ouros, cinco pratas e seis bronces para os integrantes da selección galega. Tamén acudiron ao Campionato os nosos árbitros María Bautista, Jorge Leiro, Verónica Piñeiro e Eugenio Barral.   Os ouros foron para Javier Otero (-45 quilogramos, Kae Sport), Sergio Troitiño (+78, Mat’s) e Ainoha García (-68, Couto).   Na categoría masculina, en -45 quilogramos, tivemos unha final galega. Javier Otero (Kae Sport) superou a Anxo Vidal (Natural...

Ler Máis

O SÁBADO 2 DE OUTUBRO, A SELECCIÓN GALEGA JÚNIOR PARTICIPARÁ EN CARTAGENA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DA CATEGORÍA

Pouco a pouco imos retomando a normalidade e proba diso é que esta fin de semana celebrarase en Cartagena (Murcia) o Campionato de España Júnior, coa presenza de público. Iso si, mantendo as medidas de prevención necesarias.   O Campionato de España Júnior celebrarase o sábado, dividido por categorías: Pola mañá será o cadro masculino e pola tarde o feminino. En xogo, ademais, a clasificación para o Campionato de Europa da categoría. Ademais ao día seguinte, disputarase o Campionato de España pre-cadete, onde a Federación Galega non despraza selección, aínda que si algúns clubs galegos levarán a deportistas pola...

Ler Máis

AINOHA GARCÍA, HELENA GARCÍA E IRENE MONTEMUÍÑO, CLASIFICADAS PARA O EUROPEO SUB 21 2022

Nova xornada de éxitos na President´s Cup Youth! Se onte foron os chicos, hoxe as rapazas responderon a gran nivel logrando tres medallas e clasificándose así para o Europeo sub 21 do vindeiro ano. Ainhoa García (-68, Couto) e Helena García (+68, Dobok) foron prata – Helena viaxaba co seu club–, mentres que Irene Montemuíño (-63, Natural) foi bronce.   Ainhoa García fixo unha competición excepcional, vencendo con superioridade nos seus combates ata chegar a final. En oitavos de final gañou a Irem Akdogan (Turquía) por 0-20, nos cuartos superou a Kardelen Demir (6-19) e na semifinal foi implacable...

Ler Máis

ADRIÁN SALANOVA, JAVIER OTERO E SERGIO TROITIÑO, CLASIFICADOS PARA O EUROPEO SUB 21 DO PRÓXIMO ANO

Adrián Salanova, Javier Otero e Sergio Troitiño acadaron hoxe na President´s Cup de Estambul a súa clasificación para o Campionato de Europa sub 21 do ano 2022. Adrián Salanova (-68, Maniotas) logrou a medalla de ouro, mentres que Javier Otero (-45, Kae Sport) e Sergio Troitiño (+78, Mat´s) foron prata. Moi preto quedou Samuel Meilán (-59, Tao), que caeu nos cuartos de final.   Adrián Salanova (Maniotas) logrou proclamarse campión da President´s Cup en -68 quilogramos tras vencer nos seus catro combates. En primeira rolda superou ao turco Omer Cayir de forma contundente (25-5) e despois en cuartos eliminou...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

Secretaría Xeral para o Deporte

XOGADE

banner xogamos

DGAN

banner_dgan

Plan Corresponsables

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. CPTO. ESPAÑA UNIVERSITARIO -TOLEDO

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  2. CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE E CURSO DE RECICLAXE-PONTEVEDRA

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CPTO. ESPAÑA JUNIOR-

    25 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  4. CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR- EXHIBICIÓN /COMBATE- LUGO /OURENSE

    1 Xuño / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  5. CPTO. PROVINCIAL ESCOLAR- EXHIBICIÓN /COMBATE- LUGO /OURENSE

    2 Xuño / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

UFEDEGA

RibéSalat Contrata o teu seguro