Autor: comunicacion

TANIA CASTIÑEIRA, FLAMANTE CAMPIOA DE EUROPA SUB 21

Tania Castiñeira (+73, Hebe) proclamouse hoxe en Tallín (Estonia) campioa de Europa sub 21, despois dunha competición excepcional e unha final moi apertada.   Tania iniciou o Europeo contra a representante de Suecia Alma Grunning e a toma de contacto non puido ser mellor: Magníficas sensacións e vitoria por un rotundo 22-0 para a galega. No segundo combate enfrontouse á croata Nikolina Mesic e outra exhibición de Tania, que se atopou moi cómoda no tapiz (22-7).   Casti xa estaba nas semifinais onde esperaba a turca Ayselnur Saglik. Foi un combate bastante igualado, no que a rival estivo áxil...

Ler Máis

DOCE TAEKWONDISTAS GALEGOS NOS EUROPEOS SUB 21 E CADETE, QUE SE CELEBRAN EN TALLÍN

Serán doce os taekwondistas galegos (e o técnico Toño Ríos) que participen a vindeira semana nos Campionatos de Europa sub 21 e Cadete, que se celebrarán en Tallín (Estonia) do 24 ao 27 de agosto.   A expedición galega partiu dende Santiago onte domingo, pero foi un voo complicado (con retraso e treboada), polo que perderon o enlace en Frankfurt. Así que tocou facer noite en Alemaña e hoxe continúan a viaxe ata Tallín.   Na categoría sub 21 contamos con nove participantes: Arlet Ortiz (-57, Mat´s), Yadira Reimúndez (-55, Mat´s), Cloe Iglesias (-62, Patiño), Ainoha García (-67, Couto),...

Ler Máis

MARÍA BAUTISTA ESTARÁ NOS XOGOS PARALÍMPICOS DE TOKYO!

Era un secreto a voces que estábamos desexando poder contar! A xuíza galega internacional María Bautista foi elixida como membro do equipo arbitral que dirixirá a modalidade de taekwondo nos Xogos Paralímpicos de Tokyo!   Foron dous anos intensos de preparación de María, aos que chegou en pleno proceso de recuperación dunha grave lesión de nocello que sufriu en 2018. Pese a todo, coa ilusión por bandeira, a nosa árbitra acudiu as cursos de preparación, foi superando etapas ata que hai uns días recibiu a confirmación de que sería unha das 30 persoas elixidas como xuíces para a modalidade...

Ler Máis

NOVE GALEGOS PARTICIPARÁN NO EUROPEO SUB 21, QUE SE CELEBRARÁ A FINAIS DE AGOSTO EN TALLÍN

Gran participación de Galicia no Europeo sub 21 que se celebrará na segunda quincena de agosto (do 24 ao 27) en Tallín (Estonia). Os galegos clasificados para este torneo son Arlet Ortiz (-57, Mat´s), Yadira Reimúndez (-55, Mat´s), Cloe Iglesias (-62, Patiño), Ainoha García (-67, Couto), Tania Castiñeira (+73, Hebe), Desiree Rivadulla (+73, Suh Sport), Nuria Cernadas (+73; Natural Sport), Pablo Patiño (-68, Patiño) e Adrián Salanova (-74, Maniotas).   E para preparar este gran evento, os nosos deportistas foron convocados pola Real Federación Española de Taekwondo á concentración Puente á excelencia 2021, que se realizará do 2 ao...

Ler Máis

ANDREA RICA, CONSTANTE E COMPETITIVA A PARTES IGUAIS

Andrea Rica (Vigo, 1984) é unha desas taekwondistas que tiña o taekwondo dentro antes incluso de practicalo por primeira vez. O que comezou como un xogo co seu curmán, pasou ser o máis importante da súa vida durante máis de vinte anos. A constancia, a tenacidade e o espírito competitivo son as súas armas, tanto antes no tapiz, como agora na súa vida. Hoxe imos coñecer un pouco máis a esta competidora nata que fala do seu deporte con amor e respecto máximo, porque o taekwondo está presente en todo o que é, o que quere, o que lle...

Ler Máis

AULA VIRTUAL

Aumentar a letra

  • A  A  A  A  

Secretaría Xeral para o Deporte

XOGADE

banner xogamos

DGAN

banner_dgan

Plan Corresponsables

PATROCINADORES

logo_deporte logo_xunta
logo_non dep_coruna dep_ponte

Vindeiros eventos

  1. CPTO. GALEGO DE HAPKIDO- CARBALLIÑO

    4 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  2. Cpto. España Técnica Freestyle Monforte

    4 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  3. CPTO. ESPAÑA UNIVERSITARIO -TOLEDO

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  4. CURSO DE ARBITRAXE DE COMBATE E CURSO DE RECICLAXE-PONTEVEDRA

    18 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.
  5. CPTO. ESPAÑA JUNIOR-

    25 Maio / 8:00 a.m. - 5:00 p.m.

Siguenos

UFEDEGA

RibéSalat Contrata o teu seguro